lunes, 9 de marzo de 2009

Mural da Biblioteca: proxecto "Contos con Arte"

Estas son as imaxes seleccionadas para o proxecto "Contos con Arte", para "A Biblioteca Máxica".

A idea é que participen todos os cursos. Desde os de 3 anos ata os de 6º de primaria, todos os cursos farán contos relacionados cun período histórico. Eu propoño unha obra de arte de cada un dos períodos históricos. De cada curso será seleccionado un só conto (9 contos en total), polo que será preciso facer un concurso ou unha selección por cada curso.


Os mestres e mestras terán todo o resto do curso para artellar os exercicios e organizar o concurso. Os 9 contos seleccionados (un por cada curso) serán representados na segunda fase do mural, que  será abordada no verán, durante as vacacións.

Os contos deberán estar ilustrados polos nenos e nenas. Cos máis pequenos, loxicamente as historias non levarán textos. O número de páxinas pode ser libre, pero no mural só constarán, como moito catro páxinas para facer posíbel a lectura desde lonxe.

As historias dos contos, loxicamente, inspiraranse nas imaxes, pero moi libremente.

Estas son:


http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRbtww1dQI/AAAAAAAACWY/ixaL-QEWWtQ/01.jpg
3 anos – Prehistoria. Bisontes de Altamira

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRbt6J9-cI/AAAAAAAACWg/45GmhrbqFGs/02.jpg
4 anos – Idade Antiga. Pintura exipcia: pintura mural da tumba de Nebamon

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRbuHBYxjI/AAAAAAAACWo/zP8x80Uvmlc/03.jpg
(pulsa na foto pequena para ampliar):
http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRbuUrHarI/AAAAAAAACWw/I5DGYkL-VXU/03b.jpg
5 anos – Idade Media. Giotto: San Francisco de Asís predicando aos paxaros

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRbu6qhF1I/AAAAAAAACW4/EnqUgmSORx4/04.jpg
1º primaria – Renacemento. Quinten Massys: A Duquesa Fea

http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRc2hMTcLI/AAAAAAAACXE/PAeJ0rof71w/05.gif
2º primaria – Barroco. Caravaggio: A Medusa

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRc3o0EIsI/AAAAAAAACXU/IYKuFx-flIo/06.jpg
3º primaria – Neoclasicismo. Goya: Caprichos, no. 38: Brabisimo!

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRc30igpzI/AAAAAAAACXc/K7e9bHrbOK8/07.jpg
4º primaria – Século XIX. Mary Cassatt: Vacacións de verán

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRc4GH6YPI/AAAAAAAACXk/n12IOw173RE/08.jpg
5º primaria – Século XX. Picasso: Acróbata con balón

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SbRdNN-XfcI/AAAAAAAACXs/Z6kklDWWktY/09.jpg
6º primaria - Arte actual. Freud: Autorretrato (Reflexo con dous nenos)

1 comentario:

Luis O.C. dijo...

Una idea estupenda, felicidades por tu trabajo, siempre estimulante.

¡Ojalá mis hijos pudieran ir a un colegio con tan buenas iniciativas!

Seguir por e-mail