domingo, 15 de marzo de 2009

Mural "A Biblioteca Máxica" no CEIP "Recimil" - Proposta de Fina Nebril, mestra de 2º

http://www.carmenmartin.com/blog/zong/p_fina_nebril/proposta.jpgFina, animoume moito a túa carta, e máis aínda porque non estaba certa de que os profesores fixesen súa esta iniciativa tan axiña.

O que propós paréceme moi interesante e quero que saibas que por suposto que a terei en conta, xa que a Biblioteca Máxica é un lugar no que ler o que a todos os do colexio nos gusta: nenos, profes e pais. Como ben dis, quere ser un proxecto conxunto do centro.

Nesta semana xa comezarei a pintar cousas máis concretas. O contido do mural xa está moi madurado, sobre todo a distribución dos libros pintados.

Na escaleira irán ademais dos libros sobre arte outras moitas cousas. Este é, resumindo, o plan reitor do proxecto:

Muro da Biblioteca (1ª fase):
  • Contos populares, infantís, xuvenís...
  • Coñecemento do medio
Escaleira (2ª fase):
  • Matemáticas
  • Idiomas (galego, español, inglés, francés...)
  • Música
  • Ximnasia (deportes)
  • Arte (arquitectura, pintura, escultura...)
A túa proposta é chulísima e o que pensei foi meter unha personaxe (talvez o "coelliño branco" ou un "rato de biblioteca") que vaia saltando de actividade en actividade das que ti propuxeches:
  • o Magosto
  • o Samaín
  • o Nadal
  • o Entroido
  • a Primavera,
  • etc...
E así tamén os nenos poden "xogar" a ir buscando no medio dos libros esa personaxe que representa a celebración popular de cada tempada. Que che parece?

De novo quero darte as grazas, Fina, por facer unha proposta tan túa, e tamén tan interesante e chea de ilusión. Isto vaise animando...

No hay comentarios: